O prazo para anotarse no programa municipal Concilia Nadal! conclúe este luns

As concellerías de Servizos Sociais e de Deportes poñerán en marcha o programa municipal «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de madrugadores dende as 8 horas. O prazo para anotarse concluirá este luns, 16 de decembro, e é preciso inscribirse no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.
 
O programa propón para os/as máis pequenos/as da casa multideporte, xogos populares, talleres de igualdade, cine infantil, obradoiros e xogos de Nadal. Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis 2 e 3 de xaneiro.
 
A cuota para participar é de 36,88 euros e as familias numerosas poden acceder a un desconto do 20%. Un programa co que se busca favorecer a necesaria conciliación da vida laboral e o coidado d@s fill@s durante as vacacións de Nadal.