O pleno do Concello de Valdoviño aproba por unanimidade a declaración institucional a favor da reactivación económica da comarca

Todos os partidos políticos con representación na corporación municipal de Valdoviño (PSOE, PP, Centristas de Valdoviño e BNG) secundaron a declaración institucional a favor da continuidade de Endesa en As Pontes e a reactivación económica da comarca. Foi no pleno celebrado a pasada semana no municipio. Unha declaración consensuada previamente polos alcaldes e alcaldesas da comarca, reunidos de urxencia esta semana ante a grave situación económica derivada da decisión da empresa.
 
Na mesma, que se pode ler completa no documento adxunto, instan con urxencia ás administracións con competencia en industria, é dicir, o Ministerio de Industria e a Consellería de Economía e Industria, a acometer unha iniciativa conxunta de reactivación económica e captación industrial nestas comarcas, que fomente a política industrial nos sectores do naval, a enerxía, a fibra de madeira, a transformación do sector primario (agropecuario, forestal e pesqueiro), o metalúrxico e o tecnolóxico, así como o aproveitamento de todas as potencialidades existentes nestas comarcas.
 
Para trasladar esta problemática, solicitan as correspondentes entrevistas cos ministerios de Industria e de Fomento, e coas consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Infraestruturas e Mobilidade.