Oikos gaña o torneo de fútbol sala OcioSol e Talleres Trigo o premio á deportividade

O Concello de Valdoviño organizou a través da área de Deportes unha nova edición do Torneo de fútbol sala OcioSol, na que participaron un total de oito equipos e preto de 100 xogadores. Finalmente, os gañadores foron os equipos Oikos e Talleres Trigo, que acadaron a primeira e segunda posición, respectivamente.
 
O torneo constou dunha liguiña previa na que se disputaron un total de 28 encontros. Todos os equipos participaron na fase final, dividida en cuartos de final, que se celebraron os días 19 e 20 de agosto, e nas que se clasificaron para semifinais catro equipos: Talleres Trigo – Hotel A Torre do Lago e Oikos – Camping de Valdoviño.
 
Xa o venres 23 de agosto disputouse no Polideportivo de Meirás unha intensa final entre o Oikos e o Talleres Trigo, que se tivo que resolver a penaltis, caendo do lado do Oikos. Camping Valdoviño foi o terceiro clasificado e o Hotel A Torre do Lago acadou a cuarta posición.
 
Entre a fase final do Torneo de fútbol sala Ociosol e a liguiña, o Polideportivo de Valdoviño acolleu un total de 36 encontros, todos eles dirixidos polos árbitros da Asociación Galega de Fútbol Sala.
 
PREMIO Á DEPORTIVIDADE
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, salientou o bo funcionamento da competición de verán que cumpriu con éxito os obxectivos que se marcou o goberno para esta finalidade: o fomento do deporte durante a época estival, a dinamización durante estas datas e a transmisións dos valores deportivos. Neste sentido o concelleiro destacou que nesta edición se convocou un trofeo á deportividade, que a proposta dos colexiados debido á súa boa conduta foi para o equipo Talleres Trigo.
 
Na entrega de Trofeos ao remate da final participou, xunto co edil de deportes, a concelleira de Servizos Sociais, Ana Pérez.
 
OS RESULTADOS
Tanto os resultados da competición como a clasificación poden consultarse na páxina web do torneo: www.torneoociosol.com.