O Concello abre o prazo de inscrición nun curso de verán de tiro con arco

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, promove unha nova edición do curso de verán de tiro con arco. Será o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo municipal de fútbol de Atios, do 19 ao 23 de agosto e de luns a venres. Os horarios previstos serán de 10 a 12 horas e está dirixido a persoas de todas as idades a partir de 8 anos.
 
Así, o prazo de inscrición xa está aberto ata o 13 de agosto e o trámite debe realizarse no Rexistro Xeral da Casa Consistorial. Para máis información, o Concello habilitou o número de teléfono 626 465 531.
 
Impartido por monitores con título nacional, contará coa visita de Iria Grandal García, arqueira olímpica en Londres 2012.
 
O prezo da actividade é de 11,06 euros para menores de 18 anos e de 12,54 euros para persoas adultas e a cuota da licenza e seguro RC ascende a 7 euros por persoa. Ademais, todo o material facilitarase no curso.