O Océano Surf Museo de Valdoviño acolle a presentación do Ferrolog Surfing Invitational

O Océano Surf Museo de Valdoviño acollerá este venres 19 de abril o acto de presentación do evento Ferrolog Surfing Invitational. Esta actividade está aberta a todo o público de xeito gratuíto e dará comezo ás 20 horas.
 
Este evento convida a surfistas internacionais que destacan nesta disciplina a surfear as ondas de Esmelle, A Fragata e O Vilar. O evento levarase a cabo nas dependencias do Camping de As Cabazas en Cobas (Ferrol), e non só haberá surf, entre moitas das actividades destacan: unha Shape Room, unha competición amateur, exhibición de gliders e a presentación do “Manifesto para a Protección das Ondas. Pódese acceder a máis información do festival na súa páxina web: https://ferrolog.org/
 
Ademais, o Océano Surf Museo estará aberto ao público os días 18, 19, 20 e 21 de abril de 12 a 14 e de 16 a 19 horas.