Meirás acollerá este ano a XIX Mostra de Asociacións de Valdoviño

A parroquia de Meirás albergará este ano a Mostra das Asociacións de Valdoviño, unha cita multitudinaria que alcanza a súa XIX edición. O pavillón municipal do Longoiro acollerá o 4 de maio o encontro, que dará comezo ás 13 horas e se prolongará ata ben entrada a noite. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, as persoas interesadas en tomar parte poden, dende xa, adquirir os seus tickets anticipadamente para o xantar (o prazo remata o 1 de maio). Están a disposición do público nas asociacións organizadoras.
 
O xantar popular comezará ás 14,30 horas e o menú inclúe paella, churrasco con cachelos, bebidas, postre, café e chupito. O prezo é de 13 euros para o público adulto e de 8 para os menores –ata 12 anos-.
 
Ás cinco da tarde comezarán as actuacións dos diferentes grupos de baile das asociacións do Concello e o sorteo de agasallos cedidos por estas entre aqueles que mercasen a súa rifa.