Concello e Valdoviño Azul organizan unha ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto

O Concello, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul organizan unha ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto. A iniciativa, segundo explicou o alcalde, Alberto González, celebrarase o domingo 21 de abril ás 11,30 horas. As prazas son limitadas e a participación é gratuíta, aínda que se precisa de inscrición previa.
 
Así, as persoas interesadas deben formalizala na Casa da Cultura ou no teléfono 981 48 76 66 mañá xoves 11 de abril, venres 12, luns 15, martes 16 ou mércores 17, de 10 a 14 horas.
 
O punto de encontro é a caseta da praia dos Botes, de 11,15 a 11,30 horas e, dende aí, iniciarase o percorrido, con introdución á flora da zona.