News and calendar events are only written in Galician language

O Concello de Valdoviño abre o proceso de contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial

O Concello de Valdoviño procederá á contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial de segunda con cargo a unha achega de 43.000 euros procedentes do programa PEL-Concellos da Deputación provincial. Os contratos serán a xornada completa por espazo de 5 meses. Así, as persoas interesadas nas prazas poderán presentar a instancia correspondente no Rexistro Xeral a partir de mañá luns 18 de maio e por espazo de 5 días naturais.
 

Aprobadas exencións no pago da tasa do lixo para empresas e autónomos obrigados ao cese de actividade polo COVID-19

Casa consistorial Valdoviño

Empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19 poderán solicitar unha exención do pago da tasa do servizo de recollida do lixo. Así o aprobou o executivo municipal que preside Alberto González na reunión da Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte. Foi esta unha das medidas anunciadas no último pleno, celebrado a semana pasada.

Aberto o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Preinscrición Aula da Natureza

O Concello abriu este 14 de maio o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. O alcalde, Alberto González, apuntou que as instalacións contan con 20 prazas para nenos e nenas de 4 meses a 3 anos e que as familias interesadas en dispor do servizo deben presentar a súa solicitude e documentación antes do día 30 de maio no Rexistro Xeral –primeira pranta da casa consistorial-.

A Mancomunidade fai un chamamento á responsabilidade da cidadanía para non dar pasos atrás na loita contra a covid-19

Reunión da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta tarde unha reunión telemática na que os representantes dos nove municipios (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) acordaron facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía nesta fase 1 do retorno á normalidade. Os alcaldes piden que se cumpran as medidas establecidas polas autoridades para que non se malogre a tendencia á baixa nos casos de covid-19.

O refuxio de Mougá volverá entregar animais en adopción a partir do luns

Refuxio de Animais

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ten previsto volver prestar o luns o servizo de adopción no Refuxio de Animais de Mougá. O centro mantivo a súa actividade esencial durante a crise sanitaria. Non obstante, no momento en que se decretou o estado de alarma, suspendeu a atención ao público para adopcións, en concordancia coas medidas de confinamento, xa que a visita ao centro non se considera un desprazamento xustificado, e para evitar a propagación do virus.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS