News and calendar events are only written in Galician language

O Concello abre a inscrición na VI Andada Nocturna “Ata San Mamede”

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, abrirá o próximo luns, 15 de xullo, o prazo de inscrición na VI Andada Nocturna «Ata San Mamede». Celebrarase o vindeiro venres 26 de xullo e inclúese no programa municipal «Escenarios Paralelos». As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 48 76 66 ou enderezo electrónico cultura@concellodevaldovino.com. O prazo rematará o día 21 de xullo.
 

Contacontos e obradoiro de cociña para nen@s, este domingo na Frouxeira

O parque da Frouxeira convertirase no mellor dos escenarios este domingo, 14 de xullo, para acoller o contacontos de Teatro Calavera «Chocolate». Unha proposta do Concello de Valdoviño incluída no programa Escenarios Paralelos, polo que as iniciativas culturais saen da Casa da Cultura, segundo explicou o alcalde, Alberto González. Neste caso, a función está ideada para un público familiar e dará comezo ás 19,30 horas.
 

Máis de 230 nen@s e adultos toman parte nas actividades deportivas organizadas polo Concello no marco de OcioSol 2019.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, valorou moi positivamente esta mañá a participación da veciñanza nas actividades deportivas organizadas polo Concello para o verán no marco do programa municipal OcioSol 2019. Unha participación que alcanza as 234 persoas, entre nenos e nenas e adultos. Aínda así, nalgunha actividade queda algunha praza libre, polo que o edil anima á veciñanza a inscribirse. Un trámite que pode realizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou no departamento municipal de Deportes –primeira pranta do inmoble-.

O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño volverá a reeditar este ano a súa aposta pola celebración do Torneo de Fútbol Sala OcioSol. A partir do luns abrirase o prazo de inscrición para os equipos interesados en tomar parte. Poden formalizar a súa solicitude ata o 16 de xullo incluído na Casa do Concello (Rexistro Xeral na primeira pranta). Deben cubrir a folla de inscrición (que pode descargarse ao pe desta páxina), aceptar o regulamento e réxime disciplinario e adxuntar a fotocopia do DNI de todos os xogadores.

Valdoviño abre as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abriu as súas portas. Estará operativa de martes a domingo grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ao abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS