News and calendar events are only written in Galician language

Últimos días para presentar candidaturas á Gala do Deporte de Valdoviño

O Concello pechará o vindeiro 16 de marzo o prazo de presentación de candidaturas para os galardóns da Gala do Deporte de Valdoviño. Unha cita que se celebrará o 27 de marzo no pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás, e coa que o Concello quere recoñecer e pór en valor os méritos dos/as deportistas locais que teñan destacado especialmente ao longo do 2019, pero tamén a novas promesas e adestradores/as, e a entidades e persoas que contribuísen especialmente á promoción do deporte a través do seu traballo e entrega.
 

O Concello de Valdoviño celebra este xoves o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”

A escola unitaria de Lago acollerá este xoves 12 de marzo o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”, a cargo de Raquel Veiga, educadora social experta en intervención familiar. Dirixido ás familias, arrancará ás 17 horas.
 
A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa e debe formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais -planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.
 

Voces femininas no mundo da arte e da cultura protagonizaron o Día da Muller en Valdoviño

Elisa Piñón, Cecilia Grandal, Noelia Uceira e Stefanie Pasterkamp co alcalde

Valdoviño celebrou onte á tarde na Casa da Cultura o acto central da súa programación con motivo do Día da Muller. Un acto conducido pola xornalista valdoviñesa Elisa Piñón que arrancaba coa lectura da declaración institucional do Día da Muller a cargo da concelleira de Educación, Jessica Sabín, e continuaba coa proxección da curta «Matria».

Premio para Valentina Pena Bustabad, deseñadora da mascota do Océano Surf Museo

A pequena Valentina, co alcalde, a concelleira de Cultura e a súa familia

O alcalde, Alberto González, e a concelleira de Cultura, Rosana García, fixeron entrega á pequena Valentina Pena Bustabad dun lote de libros sobre surf en recoñecemento ao seu espléndido traballo creativo, gañador do certame convocado polo Océano Surf Museo para elixir á mascota das instalacións neste 2020. O acto tiña lugar onte á tarde, previamente ao central do Día da Muller en Valdoviño. Valentina ten tan só 4 anos e é estudante de 5º curso de Educación Infantil no CPI Atios de Valdoviño.

Veciñas vencelladas ao cine e o arte protagonizarán este domingo a mesa de diálogo organizada polo Concello no Día da Muller

Valdoviño celebra este domingo o acto central do Día da Muller reunindo arredor dunha mesa de diálogo e intercambio de experiencias a veciñas vencelladas ao mundo do cine e da arte. Trátase da artesá Fátima Grandal; da estudante Cecilia Grandal, con experiencia como cantante nunha orquestra; da cineasta Noelia Uceira, e da mestra de inglés Stefanie Pasterkamp, noutrora deseñadora de interiores e responsable do atrezzo para espectáculos teatrais.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS