News and calendar events are only written in Galician language

Xogando con globos

Nifu Nifa Animación presenta este domingo 12 de xullo "Xogando con globos", un espectáculo para público familiar. No parque da praia da Frouxeira ás 19:30.

Se por mor do tempo non se puidese facer no parque da praia trasladarase á Casa da Cultura e dará comezo media hora máis tarde. Nese caso poñerase un cartel informativo na caseta de socorrismo.

 

OcioSol 2015

Programa de actividades

O verán deportivo chega a Valdoviño co OcioSol, que este ano propón cinco actividades diferentes:

Protocolo de Coordinación de Atención Temperá

A Rede Galega de Atención Temperá (Secretaría Xeral de Política Social) é un espazo común de coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais para prestar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos así como ás súas familias e ao seu contorno, unha actuación integral en atención temperá.
 

Proposta de contratacións para a limpeza de praias (2015)

O tribunal cualificador da contratación de persoal para o Servizo de limpeza de praias (2015) vén de presentar as propostas de contratación e reserva de candidatos.
 
Os anuncios correspondentes poden verse nos arquivos adxuntos, mentres que a taboa de puntuacións totais está dispoñible nesta nova: Puntuacións do proceso selectivo "limpeza praias"

O Concello presenta solicitude ao INJUVE e a FEMP para a financiación de actividades en materia de Xuventude durante o ano 2015

O Concello de Valdoviño presentou solicitude de financiamento ao "Instituto de la Juventud" do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en convenio coa FEMP para levar a cabo actuacións dirixidas á poboación xuvenil, mediante o desenvolvemento de programas no ámbito local.
Neste caso, enmárcase dentro da promoción do emprego e o emprendemento xuvenil mediante actividades de formación, orientación profesional e sociolaboral, asesoramento para a posta en práctica de ideas emprendedoras...

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS