News and calendar events are only written in Galician language

O Concello inicia as obras de mellora do illamento térmico da Biblioteca e accesibilidade ao almacén e auditorio da Casa da Cultura

O Concello de Valdoviño iniciaba no día de onte as obras de mellora do illamento térmico da Biblioteca e de accesibilidade ao almacén e auditorio da Casa da Cultura. Unha intervención que contempla a substitución das carpinterías de aluminio de vidro sinxelo, que favorecen as filtracións de auga e entrada de aire, por outras de mellores prestacións técnicas, reducindo considerablemente o gasto eléctrico en calefacción e mantenemento.

Valdoviño celebra este sábado a súa III Xuntanza de Palilleiras e Multilabores

Cartaz da xuntanza

Un total de 350 palilleiras confirmaron a súa asistencia á terceira edición da Xuntanza de Palilleiras e Multilabores do Concello de Valdoviño. Celebrarase este sábado, 8 de xuño, no pavillón do CPI Atios do municipio, organizada pola Asociación Mulleres do Rural María del Mar Becerra coa colaboración do Concello de Valdoviño e da Deputación provincial da Coruña. Unha oportunidade única para achegarse a este traballo artesanal e, tamén, dar a coñecer o municipio.

O Concello de Valdoviño conclúe a rehabilitación do local veciñal de Aviño

Finalizada a rehabilitación

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, realizaba esta mañá unha visita de fin de obra ao local da asociación de veciños de Aviño acompañado do concelleiro de Obras, Benito Vega. Un inmoble que foi obxecto nos últimos meses dunha reforma integral. O edificio veciñal, de 1930, conta cunha superficie útil de 135 m2 e noutrora albergou a escola unitaria. Aínda que foi susceptible dunha reforma nos anos 80, trinta anos despois o deterioro sufrido polo paso do tempo facía necesaria a intervención realizada, financiada con cargo ao POS+ da Deputación provincial da Coruña.

Aberta a inscrición na Volta ás Forcadas

Cartaz da carreira

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
 

Aberta a matrícula na Aula da Natureza- Punto de Atención á Infancia

O Concello de Valdoviño abría hoxe, e ata o 15 de xuño, o prazo de matrícula na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Un trámite a realizar nas propias instalacións –sitas na contorna da lagoa da Frouxeira- para todas as familias que realizaron previamente a preinscrición para o próximo curso.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS