News and calendar events are only written in Galician language

Inscrición na XIII andada a Santo André de Teixido

Ata o venres 21 pode realizarse a inscrición para a XIII andada a Santo André de Teixido. Os interesados deben presentarse na Casa da Cultura (horario de 10:00 a 14:00 horas). Hai límite de prazas.

Listaxe provisional admitidos/as no proceso selectido da praza de Técnico/a de Orientación Laboral

Publicada listaxe provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a praza de Técnico/a de Orientación Laboral

Resultados da I Milla urbana

Sergio González

Sergio González Salustregui, corredor do Ría de Ferrol, foi o gañador da primeira edición da Milla urbana Concello de Valdoviño.
 
Os resultados completos da proba, celebrada o pasado día 2 no paseo da Frouxeira, poden consultarse no documento adxunto.

Presentación do equipo Galizamushing

Presentación do equipo Galizamushing

Ás cinco da tarde deste domingo terá lugar na praia de Pantín a presentación do equipo de cans de trineo Galizamushing, actual subcampión de Europa na categoría de 8 cans.

Neste acto mostraranse os cans, o material e a xente que forma Galizamushing e farase unha exhibición co equipo seleccionado para ir ao Campionato de Europa no vindeiro mes de novembro. Poderedes ver aos cans tirando dun quad apagado ao longo do camiño paralelo ao paseo da praia.

Ademais farase unha demostración de quiropráctica e acupuntura canina, a cargo de Nuria Otero de IntegralVet.

O Concello da luz verde ao Programa de Educación e apoio familiar

O  Concello, a través do Departamento de Servizos Sociais, pon en marcha o esperado Programa de Educación e apoio familiar, instaurado a través do Plan de convenios de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña. O Programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias de toda a comunidade. Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS