News and calendar events are only written in Galician language

O Concello licita o subministro de casetas de socorrismo e aseos portátiles para as praias de Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de sacar a licitación o contrato para o subministro e instalación de casetas para dar servizo aos socorristas e máis aseos portátiles. Emprazaranse naquelas praias do municipio que non dispoñen destas infraestruturas e, segundo explicou o alcalde, Alberto González, con esta iniciativa o Concello evitará cada verán o correspondente desembolso polo aluguer destas instalacións, estimado nuns 10.000 euros anuais. O contrato está en fase de licitación, por un importe de 84.700 euros, e o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 3 de febreiro.

O Concello porá en marcha campañas de control de velocidade en diversos puntos do municipio para tentar previr a siniestralidade

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que a Policía Local emprenderá neste 2020 unha campaña especial de control de velocidade en diversos puntos do termo municipal co ánimo de tentar previr a siniestralidade naqueles máis conflictivos.
 

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres a mostra “Pensar sobre as cousas”

Cartaz da mostra

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres nova exposición baixo o título «Pensar sobre as cousas», un proxecto expositivo itinerante comisariado por Noa e Lara Castro Lema. Ten como base abordar o diálogo que dende o comisariado se pode establecer entre a arte e as artes aplicadas. A través das pezas de barro de Tonio Corral, oleiro en Buño, preténdese dignificar o cotián e falar sobre a utilidade do «inútil». O acto de inauguración terá lugar ás 19,30 horas. 
 

O Concello acondiciona os camiños de Muíño, en Lago, e Riobó, en Meirás

Camiño de Muíño, en Lago

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento dos camiños de Muíño, na parroquia de Lago, e máis de Riobó, na de Meirás. Intervencións financiadas con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 de Agader. A achega, que o Concello percibirá en dúas anualidades, permitirá o financiamento do 98,83% das intervencións. Así mesmo, o investimento destas actuacións, xunto con outras dúas obras de mellora nos camiños da Espiñuda (Aviño) e Cumiños (Meirás), elévase ata os 41.500 euros.
 

Concello e movemento asociativo organizan este domingo a Cabalgata de Reis

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente farán unha parada este domingo, 5 de xaneiro, no municipio de Valdoviño. Invitados polo Concello e máis as entidades e asociacións da localidade, chegarán á casa consistorial sobre as seis e media da tarde. Alí os esperarán máis de 30 veciñ@s voluntari@s, nen@s e adult@s, que solicitaron participar como figurantes acompañando á comitiva real.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS