News and calendar events are only written in Galician language

Visita guiada ao Océano Surf Museo este mércores da man de Vicente Irisarri

O Concello de Valdoviño convida a veciños e visitantes a tomar parte mañá mércores 26 de xuño nunha visita guiada polo Océano Surf Museo, o primeiro adicado a este deporte en España. Será da man de Vicente Irisarri, socio fundador do Océano Surf Club e un dos promotores da creación do museo, que amosará a historia do surf galego máis aló do recollido nos libros. A visita dará comezo ás oito da tarde e inclúese na ampla programación deseñada no marco do Campionato de España de Surfing que se está a celebrar na praia da Frouxeira.

O Océano Surf Museo acollerá este martes un taller de fotografía.

O Océano Surf Museo acollerá mañá martes, 25 de xuño, un taller teórico-práctico de fotografía a partir das 18 horas. Unha actividade gratuíta integrada na programación deseñada polo Concello para esta semana, coincidindo coa celebración do Campionato de España de Surfing. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse a través deste formulario de inscrición: http://bit.ly/ACTIVIDADESOSM.

O Concello celebra este venres e sábado un curso de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello de Valdoviño celebrará este venres 28 e sábado 29 de xuño un curso de defensa persoal dirixido a mulleres. Será en horario de 16 a 20 horas e terá por escenario o local social de Meirás. A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa e as mulleres interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 981 48 70 41 ext.5.
 

O Océano Surf Museo promove visitas guiadas, videofórum, talleres e expos complementarias ao Campionato de España de Surfing

Programación especial

O Océano Surf Museo promove visitas guiadas, videofórum, talleres e expos complementarias ao Campionato de España de Surfing.

O Campionato de España de Surfing arranca este sábado na praia da Frouxeira. Un evento que atraerá aos grandes do surf nacional así como a centos de aficionados a este deporte que buscarán alternativas de ocio no territorio. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, explicou que o Concello de Valdoviño, co obxectivo de divulgar o patrimonio local, deseñou un completo programa actividades no Océano Surf Museo.

O CPI Atios acolleu a presentación de “Espello”, curta baseada no relato gañador do concurso “Suprime o control”

Visionado da curta

Os alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios de Valdoviño foron onte á tarde os primeiros en poder ver “Espello”, curtametraxe baseada no relato gañador do concurso “Suprime o control”. O centro educativo acolleu a «premier» nun acto ao que acudiu o deputado provincial Xosé Manuel Soto e o alcalde, Alberto González, así como a concelleira Rosana García e a técnica da Deputación Eva Ovenza. Xunto a eles, o director do CPI, Antonio Cebreiro, e docentes do colexio.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS