News and calendar events are only written in Galician language

Valdoviño celebrará este sábado a XXXII Mostra da Canción Coral

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado 22 de xuño a XXXII edición da Mostra da Canción Coral e Agrupacións Musicais Concello de Valdoviño. Todo un clásico da programación cultural do municipio organizado pola ACR A Frouxeira coa colaboración do Concello, da Deputación provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Arrancará ás 19,30 horas  con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

Os "TOP" nacionais confirman a súa participación no Campionato de España de Surfing 2019

A Frouxeira acolle o campionato

A gran festa do surfing nacional inicia a súa conta atrás para o comezo da competición. A falta de catro días, a praia da Frouxeira prepárase para recibir aos mellores surfistas nacionais no Campionato de España de Surfing 2019.
 
Un total de 12 títulos nacionais en xogo que inclúen as 11 categorías individuais e a competición por seleccións autonómicas. Os días 22 e 23 de xuño disputaranse os títulos individuais nas categorías Open (masculino e feminino), Master e Kneeboard.
 

Encrucillada presentará na Frouxeira “Marbán”, o seu primeiro traballo discográfico

O grupo de música folk «Encrucillada» ofrecerá o vindeiro luns 24 de xuño un concerto único nun entorno único, o paseo da Frouxeira. Alí, nas inmediacións do parque, e a partir das 19 horas, presentará o seu primeiro traballo discográfico, que leva por título «Marbán». Unha actuación programada polo Concello de Valdoviño e incluída na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.
 

O Concello organiza un curso gratuíto de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza un curso de defensa persoal dirixido a mulleres. Celebrarase en dúas xornadas: o 28 e o 29 de xuño, en horario de 16 a 20 horas, e terá por escenario o local social de Meirás.
 
As mulleres interesadas en tomar parte na actividade, completamente gratuíta, deben formalizar a súa inscrición a partir deste luns, 17 de xuño, no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 981 48 70 41 ext.5.
 

O Concello conclúe as obras de construción de aseos adaptados no palco da música de Loira

Conclúen as obras

O Concello de Valdoviño concluía as obras de construción dunha infraestrutura de 9 metros cadrados anexa ao palco da música de Loira en madeira tratada na que se habilitaron dous aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida. Unha intervención incluída no POS+2017 que, xunto co acondicionamento do local social de Aviño, contemplou un investimento de 51.000 euros.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS