News and calendar events are only written in Galician language

Comeza a fase final do Torneo Fútbol Sala Ociosol de Valdoviño

A fase final dará comenzo cos cuartos de final o luns 19 agosto ás 21h e o martes 20 de agosto. As semifinais disputáranse o xoves 21 de agosto no mesmo horario, a final e a final de consolación serán o venres 22, ás 21:30h e 20:30h respectivamente.
 
En total, na fase de liga disputaronse un total de 28 encontros no Pavillón do Longoiro e participaron máis de 120 persoas.
 

Aberta a inscrición na Volta ás Forcadas

A proba celébrase o 22 de setembro

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
 

XXIX Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño este sábado no campo do Meirás

Un clásico do fútbol comarcal

O campo de fútbol de Meirás acollerá este sábado 17 de agosto a XXIX edición do Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño, no que tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, a SD Valdoviño e o Meirás CF.
 
O Triangular arrancará ás 17,30 horas cun encontro que enfrontará ás formacións xuvenís do Amistade de Meirás e Meirás CF. Os partidos serán de 45 minutos e, ás 18,30 horas, arrancarán na categoría sénior. Sobre as 21,30 horas está prevista a entrega de trofeos.
 

Arrancan os traballos previos á execución da senda peonil e ciclista entre a lagoa da Frouxeira e Meirás

A empresa Estudio Técnico Galego, adxudicataria do contrato, vén de notificar ao Concello de Valdoviño o inicio dos traballos previos de cara ás expropiacións contempladas para a construción da senda peonil e ciclista entre a lagoa da Frouxeira e Meirás. Así mesmo, dende o Concello quérese aclarar que as supostas follas informativas que apareceron estes días en domicilios da zona, tal e como lles trasladaron veciños e veciñas, non proceden nin da Administración local nin da empresa adxudicataria, descoñecéndose a día de hoxe a súa autoría.

O Concello denuncia un novo roubo dos cabezais das duchas da Frouxeira

Novo acto de vandalismo

Segundo roubo en 15 días nos equipamentos dos areais de Valdoviño. O concelleiro de Servizos, Benito Vega, informaba esta mañá dunha nova sustracción. Neste caso, os cabezais das duchas máis próximas aos aseos que colindan co chiringuito da praia da Frouxeira. Ocorría esta noite e deixaban sen servizo as duchas.
 
Este acto súmase ao perpetrado na segunda quincena de xullo, cando desapareceron cinco cabezais e incluso as tuberías da ducha que dá servizo aos bañistas da praia dos Curas. Roubos que pagan finalmente todos os veciños.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS