News and calendar events are only written in Galician language

Ruta literaria polas parroquias de Loira, Vilaboa, Vilarrube e Pantín este sábado

Valdoviño conmemorará este sábado 20 de abril o Día do Libro cunha interesante e novidosa proposta por parte da Concellería de Cultura: os primeiros itinerarios literarios. Unha actividade na que tomarán parte unha veintena de veciños e veciñas que solicitaron a inscrición no percorrido, guiado e en autocar. A través do mesmo, recorreranse todas as parroquias do municipio, facendo unha parada nas mesmas, onde se lerá unha breve lembranza a modo de recoñecemento dalgún/a autor-a literario que estea ligado directamente coa devandita parroquia.
 

O Océano Surf Museo de Valdoviño acolle a presentación do Ferrolog Surfing Invitational

Presentación do Ferrolog

O Océano Surf Museo de Valdoviño acollerá este venres 19 de abril o acto de presentación do evento Ferrolog Surfing Invitational. Esta actividade está aberta a todo o público de xeito gratuíto e dará comezo ás 20 horas.
 

O Concello abre as portas do Océano Surf Museo durante toda a Semana Santa

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Océano Surf Museo, o primeiro adicado a este deporte en España, abrirá as súas portas durante toda a Semana Santa. Unha oportunidade para facer un percorrido, dende as súas mesmas orixes, pola historia do surf e os valores asociados. Así, as instalacións poderán visitarse hoxe e mañá mércores de 12 a 14 horas, namentras que o xoves, venres, sábado e domingo o horario ampliarase tamén á tarde, de 16 a 19 horas.

Meirás acollerá este ano a XIX Mostra de Asociacións de Valdoviño

Cartaz da Mostra

A parroquia de Meirás albergará este ano a Mostra das Asociacións de Valdoviño, unha cita multitudinaria que alcanza a súa XIX edición. O pavillón municipal do Longoiro acollerá o 4 de maio o encontro, que dará comezo ás 13 horas e se prolongará ata ben entrada a noite. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, as persoas interesadas en tomar parte poden, dende xa, adquirir os seus tickets anticipadamente para o xantar (o prazo remata o 1 de maio).

Arrancan as obras de acondicionamento da piscina municipal de Lago

Obras na piscina

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá do inicio das obras de acondicionamento da piscina municipal emprazada en Lago. Xunto a outras dúas intervencións en instalacións municipais, o investimento da actuación ascende a 110.803 euros que se financiará con cargo ao Plan Único de Concellos (POS+Adicional). Unhas obras que o Concello prevé conclúan antes do inicio da tempada de baño, no mes de xuño.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS