News and calendar events are only written in Galician language

Concello e movemento asociativo arrancan este domingo a X Campaña “Na Caixa do Correo do Nadal, comparte ilusións”

Un ano máis, e xa van dez, Concello e entidades veciñais e culturais do municipio unen esforzos na organización da Xuntanza Solidaria de Nadal. Celebrarase este domingo 15 de decembro, a partir das 16,30 horas, na Casa da Cultura e, como é tradición, a cita inclúe unha chocolatada e a visita do apalpador, así como un espectáculo a partir das 18 horas no auditorio. Neste caso, Iseo A Moura, función dirixida a un público familiar.
 

O Concello abre a inscrición nun curso de xestión do estrés e riscos psicosociais no servizo de axuda a domicilio

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición nun curso de Xestión do Estrés e Riscos Psicosociais no Servizo de Axuda a Domicilio, dirixido especialmente ás persoas traballadoras no sector, aínda que aberto a todo o mundo interesado no tema. Así, para participar nesta acción formativa gratuíta é preciso anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5).
 

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este mércores

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este mércores. Estará diante no área de estacionamento sita diante da «Casa Joselito» en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.
 

Festival de Panxoliñas de Meirás este sábado

Canta Compaña

O Concello de Valdoviño celebrará este sábado o XIX Festival de Panxoliñas de Meirás. Terá lugar na Igrexa de San Vicente, a partir das 18,45 horas, organizado pola coral Alentía de Meirás e coa colaboración da Concellería de Cultura. Nel, tomarán parte o Coro Canta Compaña e as corais Virxe do Mar de Cedeira, Ecos de Chamorro e, pechando o cartel, a actuación da coral local, Alentía.
 
A Concellería de Cultura de Valdoviño colabora na iniciativa a través da participación do Coro Canta Compaña, que financia a través da Rede Cultural da Deputación provincial.
 

O Concello procederá á substitución dunha parte da cuberta do pavillón de O Longoiro

O Concello de Valdoviño investirá 72.167,82 euros procedentes do POS+2019 nas obras de renovación dunha parte da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Alberto González. Unha intervención moi necesaria polas deficiencias detectadas, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e as placas de policarbonato e á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS